21 de diciembre de 2012

Que é O Manancial?


O Manancial é un espazo de confluencia multicisciplinar para o desenvolvemento das capacidades do ser humano a través de cursos, obradoiros, terapias e actividades.

Qué facemos?

Ofrecemos e organizamos o espazo-tempo para que profesionais e asistentes poidan ensinar, aprender, explorar, compartir… en definitiva camiñar cara unha evolución tanto no plano persoal coma no familiar, social e laboral.

Qué nos move?

Para alcanzar unha vida plena é necesario beber do manancial inesgotable da natureza da esencia humana. Queremos que este sexa un lugar de formación e investigación permanente onde se profundice ata as verdadeiras raíces do ser humano. Só unha transformación das persoas pode crear un mundo mellor.

Cómo o facemos?

Cada estación do ano (outono, inverno, primaveira e verán) facemos unha programación de cursos continuados, obradoiros, terapias e actividades (grupais e individuais) en horarios de mañá, tarde e noite, entre semana e fin de semana. Abarcamos tódolos rangos de idade, dende nenos, adolescentes, adultos, ata pais, nais e avós. Así mesmo, a programación está dirixida a persoas e profesionais de calquera sector (estudantes, am@s de casa, educadores, xubilad@s, médicos, avogad@s, empresari@s…)

Cales son os eixos?

Os temas que se tratan móvense neste ámbito:

1. Creatividade
2. Pedagoxía
3. Psicoloxía
4. Nutricionismo
5. Arte
6. Ciencia
7. Corpo e Movemento
8. Comunicación e Relacións
9. Vida interior

No hay comentarios:

Publicar un comentario